PLAYOFFS > CAB Arzúa – CB Ames (Ascenso)

Unha loita polo ascenso de infarto.
O sábado disputabase a volta das semifinais ante o CB Ames.

O partido pintaba do máis emocionante, onde o partido de ida era vantaxe dos arzuáns por só un punto, cousa que os de Ames tiñan que vir a pola victoria por dous puntos como mínimo.

Foi un partido moi intenso, onde ningún equipo conseguía dominar e conseguir moitos puntos de vantaxe.
O peor foi o último cuarto, onde os visitantes viñeronse arriba con triples, e incluso con entradas moi espectaculares.
A falta de 7 segundos os de Ames indo dous puntos arriba, e así levandose o ascenso, o CAB Arzúa non se rende ata o último segundo e así foi, Christian anota un triple a falta de dous segundos.
Agradecemos ao CB Ames pola deportividade ao rematalo partido, esperamos que teñades unha moi boa tempada o ano que ven e volver xogar de novo pronto.

O CAB Arzúa ascende a 3ª división Santiago A, e pasa á final dos playoffs, onde imos dalo todo por ser primeiros de novo.

Moitas gracias á afición por este ano no Cruceiro, onde seguimos invictos. Con vos da gusto xogar!

CAB Arzúa 51: Aitor 15pts, Eze 12pts, Diego 10pts, Christian 5pts, Daniel 4pts, Damián 3pts, Jose 2pts e Costoya.

CB Ames: 50.

Unha loita polo ascenso de infarto.O sábado disputabase a volta das semifinais ante o CB Ames.O partido pintaba do máis emocionante, onde o partido de ida era vantaxe dos arzuáns por só un punto, cousa que os de Ames tiñan que vir a pola victoria por dous puntos como mínimo.Foi un partido moi intenso, onde ningún equipo conseguía dominar e conseguir moitos puntos de vantaxe.O peor foi o último cuarto, onde os visitantes viñeronse arriba con triples, e incluso con entradas moi espectaculares.A falta de 7 segundos os de Ames indo dous puntos arriba, e así levandose o ascenso, o CAB Arzúa non se rende ata o último segundo e así foi, Christian anota un triple a falta de dous segundos.Agradecemos ao CB Ames pola deportividade ao rematalo partido, esperamos que teñades unha moi boa tempada o ano que ven e volver xogar de novo pronto. O CAB Arzúa ascende a 3ª división Santiago A, e pasa á final dos playoffs, onde imos dalo todo por ser primeiros de novo.Moitas gracias á afición por este ano no Cruceiro, onde seguimos invictos. Con vos da gusto xogar!CAB Arzúa 51: Aitor 15pts, Eze 12pts, Diego 10pts, Christian 5pts, Daniel 4pts, Damián 3pts, Jose 2pts e Costoya.CB Ames: 50.

Gepostet von CAB Arzúa am Dienstag, 16. April 2019

PLAYOFFS > CB Ames – CAB Arzúa

Todo por decidir este sábado no Cruceiro.

No día de onte, viaxabamos no bus acompañado da afición ata Bertamiráns para disputar o primeiro partido de semifinais ante o CB Ames.
Un CAB Arzúa que saíu moi enchufado e conseguindo canastas gracias a rebotes ofensivos, foise dominando o primeiro cuarto cunha ventaxa de case 10 puntos.
O Ames, non quería ser menos e puxeronse as pilas igualando o partido no descanso. E así foi, cada un co seu estilo de xogo, levando o partido ata a última xogada gañando os de Arzúa por un simple punto.

Con esta mínima victoria, queda todo por xogar no Cruceiro este sábado ás 20.00h, cunha victoria máis pasaría o CAB á final.

CB Ames 51.

CAB Arzúa 52: Eze 19pts, Aitor 16pts, Diego 13pts, Damián 4pts, Costoya, Christian, Daniel, Jose e Will.

Todo por decidir este sábado no Cruceiro.No día de onte, viaxabamos no bus acompañado da afición ata Bertamiráns para disputar o primeiro partido de semifinais ante o CB Ames.Un CAB Arzúa que saíu moi enchufado e conseguindo canastas gracias a rebotes ofensivos, foise dominando o primeiro cuarto cunha ventaxa de case 10 puntos.O Ames, non quería ser menos e puxeronse as pilas igualando o partido no descanso. E así foi, cada un co seu estilo de xogo, levando o partido ata a última xogada gañando os de Arzúa por un simple punto.Con esta mínima victoria, queda todo por xogar no Cruceiro este sábado ás 20.00h, cunha victoria máis pasaría o CAB á final.CB Ames 51.CAB Arzúa 52: Eze 19pts, Aitor 16pts, Diego 13pts, Damián 4pts, Costoya, Christian, Daniel, Jose e Will.

Gepostet von CAB Arzúa am Montag, 8. April 2019

 

CB Noia – CAB Arzúa

Derrota no último partido de Liga.

No día de onte os campións da liga, visitaban ao Furancho do Floro CB Noia, quinto clasificado na táboa.
Un encontro onde o CAB foi cos pensamentos de preparativos para os playoffs, probando novas xogadas, rotando e dando minutos para todos. Os de Noia gracias á amplitude de puntos dos seus interiores, levaron unha victoria máis, noraboa.

O Furancho do Floro CB Noia 75.

CAB Arzúa 64: Aitor 15pts, Diego 14pts, Eze 13pts, Will 8pts, Costoya 4pts, Daniel 4pts, Damián 4pts e Christian 2pts.

Derrota no último partido de Liga. No día de onte os campións da liga, visitaban ao Furancho do Floro CB Noia, quinto clasificado na táboa.Un encontro onde o CAB foi cos pensamentos de preparativos para os playoffs, probando novas xogadas, rotando e dando minutos para todos. Os de Noia gracias á amplitude de puntos dos seus interiores, levaron unha victoria máis, noraboa. O Furancho do Floro CB Noia 75.CAB Arzúa 64: Aitor 15pts, Diego 14pts, Eze 13pts, Will 8pts, Costoya 4pts, Daniel 4pts, Damián 4pts e Christian 2pts.

Gepostet von CAB Arzúa am Montag, 1. April 2019

CAB Arzúa – Compañía de María

O Cruceiro non coñece a derrota.

O sábado disputabase o partido máis importante da tempada, onde quen ganara o encontro, sería campión de liga.
Un pavillón do Cruceiro completo, apoiou ao CAB a levar de novo unha victoria, onde este non coñece o que é perder na casa, GRACIAS AFICIÓN.
Foi un partido do máis intenso, onde ningún dos dos equipos non quería perder, e así foi, que ata tivemos que xogar tres prórrogas. Gran aporte físico dos arzuáns, esta semana tocou un pouco de descanso.

CAB Arzúa 87: Diego 31pts, Eze 17pts, Aitor 16pts, Christian 9pts, Damián 8pts, Daniel 6pts, e Costoya.

Compañía de María 82.

O Cruceiro non coñece a derrota.O sábado disputabase o partido máis importante da tempada, onde quen ganara o encontro, sería campión de liga.Un pavillón do Cruceiro completo, apoiou ao CAB a levar de novo unha victoria, onde este non coñece o que é perder na casa, GRACIAS AFICIÓN.Foi un partido do máis intenso, onde ningún dos dos equipos non quería perder, e así foi, que ata tivemos que xogar tres prórrogas. Gran aporte físico dos arzuáns, esta semana tocou un pouco de descanso.CAB Arzúa 87: Diego 31pts, Eze 17pts, Aitor 16pts, Christian 9pts, Damián 8pts, Daniel 6pts, e Costoya.Compañía de María 82.

Gepostet von CAB Arzúa am Freitag, 29. März 2019

Basket Ribadulla B – CAB Arzúa

O equipo arzuán visitaba o concello de Vedra para desputar o partido da xornada 16 de Liga, que os enfrentaba contra o equipo local Basket Ribadulla B.

O partido comezaba algo parado en canto a anotación e ritmo por ámbalas dúas partes, pero só era cuestión de tempo que os nosos xogadores comezasen a seguir as indicacións da súa adestradora para porse por diante.
Grazas a varios tiros de media distancia e contraataques rápidos, os de Arzúa sacaban unha diferenza +15 ao descanso.

O comezo da segunda parte seguiu a mesma tónica cun xogo rápido, difícil de seguir por parte dos locais. Boa anotación exterior, con triples de Aitor, Christian e Will. Ademáis, o equipo dominou durante gran parte do partido o rebote ofensivo e defensivo, a pesares da forza e veteranía do equipo rival. A suma de todo esto levaría o partido á súa conclusión final cun resultado de 45 a 69.

Lesión na cabeza de Zequi, despois de sufrir un golpe nunha xogada defensiva (non é nada, só un par de puntiños e algo de mareo). Pero tranquilos, que non causa baixa para o próximo.

Queremos dar ánimos a Moreira, que está de baixa temporal e non puido asistir ao encontro. Esperámolo todos cos brazos abertos para que nos leve polo camiño do éxito xunto á nosa segunda adestradora Mari, ¡que forman un equipo excelente!

A próxima fin de semana toca o último partido na casa, antes dos play-offs, contra o Compañía de María, que nos segue de preto co mesmo número de vitorias e derrotas. ¡Non podedes faltar!

Basket Ribadulla B 45.

Arzúa 69: Diego:14, Zequi:16, Aitor:18, Dami:8, Cristian:4, Will:5, Joseba:4,

Parciales:
1. 12-17
2. 8-18
3. 16-18
4. 9-16
Resultado: 45-69

O equipo arzuán visitaba o concello de Vedra para desputar o partido da xornada 16 de Liga, que os enfrentaba contra o equipo local Basket Ribadulla B.O partido comezaba algo parado en canto a anotación e ritmo por ámbalas dúas partes, pero só era cuestión de tempo que os nosos xogadores comezasen a seguir as indicacións da súa adestradora para porse por diante.Grazas a varios tiros de media distancia e contraataques rápidos, os de Arzúa sacaban unha diferenza +15 ao descanso.O comezo da segunda parte seguiu a mesma tónica cun xogo rápido, difícil de seguir por parte dos locais. Boa anotación exterior, con triples de Aitor, Christian e Will. Ademáis, o equipo dominou durante gran parte do partido o rebote ofensivo e defensivo, a pesares da forza e veteranía do equipo rival. A suma de todo esto levaría o partido á súa conclusión final cun resultado de 45 a 69.Lesión na cabeza de Zequi, despois de sufrir un golpe nunha xogada defensiva (non é nada, só un par de puntiños e algo de mareo). Pero tranquilos, que non causa baixa para o próximo.Queremos dar ánimos a Moreira, que está de baixa temporal e non puido asistir ao encontro. Esperámolo todos cos brazos abertos para que nos leve polo camiño do éxito xunto á nosa segunda adestradora Mari, ¡que forman un equipo excelente!A próxima fin de semana toca o último partido na casa, antes dos play-offs, contra o Compañía de María, que nos segue de preto co mesmo número de vitorias e derrotas. ¡Non podedes faltar!Basket Ribadulla B 45.Arzúa 69: Diego:14, Zequi:16, Aitor:18, Dami:8, Cristian:4, Will:5, Joseba:4,Parciales: 1. 12-172. 8-183. 16-184. 9-16Resultado: 45-69

Gepostet von CAB Arzúa am Mittwoch, 20. März 2019

CAB Arzúa – CB Ames

Unha afición que non descansa axuda na última victoria do CAB Arzúa.

Incrible partido contra o CB Ames o sábado da Festa do Queixo, onde o Arzúa xogábase toda unha tempada de traballo. Un encontro entre o primeiro e terceiro clasificado, onde o Arzúa buscaba redención de vitoria do partido de ida.

O partido iniciábase de forma bastante igualada durante todo o primeiro tempo. A pesares do gran acerto dos exteriores de Ames, os de Arzúa eran capaces de seguir no partido.
Ao comezar o terceiro periodo, os locais foron capaces de facerse cunha vantaxe moi grande, de ata 15 puntos. Nese momento os de Ames apretaron e se puxeron a moi poucos puntos no marcador, grazas novamente ao acerto no tiro exterior.

Últimos minutos de partido con múltiples técnicas para o equipo visitante motivadas por unha antideportiva tras un rebote defensivo sobre Diego, que remataron coa expulsión do seu adestrador e un dos seus xogadores cando o marcador estaba 73 – 71 a 16 segundos para o remate do partido. Finalmente, e tras unhas xogadas moi intensas nas que o Ames case foi capaz de remontar, soaba a sirena de vitoria para o Arzúa cun resultado de 76 – 72.

A pesares da forte tensión que cubría o pavillón, un final moi deportivo entre ámbolos dous equipos. Moitas grazas ao equipo rival polo seu talante competitivo, esperamos vervos nos play-ofss.

Como pincelada final, queremos dar as GRAZAS á nosa grande afición, xa que sen ela non teríamos chegado onde nos atopamos. Primeiros na clasificación, con tan só tres partidos restantes para o remate da tempada regular, e con tan só tres derrotas. Sodes os mellores!!!

CAB Arzúa – C. B. Noia

Nova victoria dos arzuáns.

O pasado sábado o Arzúa disputaba o partido que tiña aprazado e dependía del para o liderato da liga.
Partido de remontadas, onde o Arzúa perdía de 10 e remontou, puxose con unha vantaxe de case 15 puntos a favor, e os de Noia pelearon e complicaron o partido ata o último segundo.

CAB Arzúa 66: Aitor 25pts, Diego 20pts, Eze 13pts, Christian 4pts, Damián 4pts, Costoya, Jose e Daniel.
C.B. Noia 62.

Nova victoria dos arzuáns.O pasado sábado o Arzúa disputaba o partido que tiña aprazado e dependía del para o liderato da liga.Partido de remontadas, onde o Arzúa perdía de 10 e remontou, puxose con unha vantaxe de case 15 puntos a favor, e os de Noia pelearon e complicaron o partido ata o último segundo.CAB Arzúa 66: Aitor 25pts, Diego 20pts, Eze 13pts, Christian 4pts, Damián 4pts, Costoya, Jose e Daniel.C.B. Noia 62.

Gepostet von CAB Arzúa am Mittwoch, 6. März 2019

ADB Fontiñas – CAB Arzúa

O pasado sábado o Arzúa sufría a terceira derrota da tempada.
Un ADB Fontiñas moi peleón e acertado dende a liña de tres consiguiu vencer aos arzuáns cunha gran vantaxe.
Os do CAB, con este resultado seguen nos loitando nos postos de ascenso e incluso co liderazgo da liga.

Seguiremos intentando dalo todo no seguinte partido!

ADB Fontiñas 75.

CAB Arzúa 53: Aitor 25pts, Eze 11pts, Diego 4pts, Cachin 4pts, Dani 4pts, Costoya 3pts, Damián 2pts e Jose.

C. B. Sta Baia – CAB Arzúa

A décima.

O domingo o CAB Arzúa viaxaba a Boiro para xogar un partido máis, ante o C.B Sta Baia Sub22.

Con case todo o plantel recuperado, grazas á reincorporación de Cachín e Joose, os arzuáns dominaron todo o encontro levando 2 puntos unha xornada máis.

Con esta vitoria seguimos na parte superior da clasificación, con tan só dúas derrotas, seguidos de Compañía de María (3 derrotas) e C. B. Ames (4 derrotas).

C. B. Sta Baia: 52.
CAB Arzúa 75: Aitor 29pts, Diego 25pts, Eze 10pts, Costoya 4pts, Damián 4pts, Cachin 2pts, Jose 1pt e Daniel.

A décima.O domingo o CAB Arzúa viaxaba a Boiro para xogar un partido máis, ante o C.B Sta Baia Sub22.Con case todo o plantel recuperado, grazas á reincorporación de Cachín e Joose, os arzuáns dominaron todo o encontro levando 2 puntos unha xornada máis.Con esta vitoria seguimos na parte superior da clasificación, con tan só dúas derrotas, seguidos de Compañía de María (3 derrotas) e C. B. Ames (4 derrotas).C. B. Sta Baia: 52.CAB Arzúa 75: Aitor 29pts, Diego 25pts, Eze 10pts, Costoya 4pts, Damián 4pts, Cachin 2pts, Jose 1pt e Daniel.

Gepostet von CAB Arzúa am Dienstag, 19. Februar 2019

CAB Arzúa – CBAT

Sufrida victoria ante os de Teo.

O pasado sábado, os arzuáns recibían a visita do CBAT: un equipo con experiencia e calidade.

Os de Arzúa saíron moi fortes e anotadores, ata ter unha vantaxe de 16 puntos. Con esto os de Teo, cun enchufado tirador que anotou máis da metade dos puntos do seu equipo, comezaron a remontar o partido; mais non conseguiron levar a dianteira no marcador. 
Últimos segundos moi tensos nos que a defensa nos deu a vantaxe e puidemos levar a vitoria finalmente, a pesares do acerto dos visitantes.

CAB Arzúa 58: Diego 20pts, Aitor 17pts, Christian 11pts, Damián 2pts, Costoya 2pts, Jose 2pts e Daniel.
CBAT 54.

Seguimos unha xornada máis na parte alta da táboa, con nove vitorias e dúas derrotas.

Sufrida victoria ante os de Teo.O pasado sábado, os arzuáns recibían a visita do CBAT: un equipo con experiencia e calidade.Os de Arzúa saíron moi fortes e anotadores, ata ter unha vantaxe de 16 puntos. Con esto os de Teo, cun enchufado tirador que anotou máis da metade dos puntos do seu equipo, comezaron a remontar o partido; mais non conseguiron levar a dianteira no marcador. Últimos segundos moi tensos nos que a defensa nos deu a vantaxe e puidemos levar a vitoria finalmente, a pesares do acerto dos visitantes.CAB Arzúa 58: Diego 20pts, Aitor 17pts, Christian 11pts, Damián 2pts, Costoya 2pts, Jose 2pts e Daniel.CBAT 54.Seguimos unha xornada máis na parte alta da táboa, con nove vitorias e dúas derrotas.

Gepostet von CAB Arzúa am Dienstag, 12. Februar 2019