Para a tempada 2022/2023 estamos promovendo actividades de baloncesto para os máis pequenos.
Visión do club
Dende o Club de Amigos do Baloncesto de Arzúa queremos promover a realización de actividades deportivas que fomenten valores positivos e un ámbito de vida saudable para os nosos rapaces e rapazas. Ademáis, cremos que é importante transmitir a través das xeracións o amor que sentimos polo baloncesto e continuar o legado das anteriores xeracións que levaron alto este modesto club do noso pobo.
Finalidade da actividade e obxectivos
A finalidade principal desta actividade non é outra que a de aprender, xogar, relacionarnos e medrar, pero todo iso apoiado no deporte, e máis concretamente no baloncesto. Os obxectivos son claros:
- Procurar que os menos e nenas que participen na actividade se divirtan, é un xogo
- Fomentar un ámbito de vida saudable para eles á vez que una paixón polo deporte
- Buscar a mellora das capacidades físicas, psicolóxicas e emocionais dos nenos tanto a nivel individual coma en grupo, sempre apoiándonos no baloncesto e na súa idea de colectividade participativa
- Introducir o baloncesto nos rapaces e rapazas e comezar un camiño con eles e elas neste deporte que perdure ao longo da súa carreira deportiva, sexa do ámbito e profesionalidade que sexa
Horarios
Os horarios dividiránse por grupos de idade quedando da seguinte maneira:
- Xoves de 6PM a 8PM no Pavillón do VISO para nenas e nenos en idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos
- Venres de 5PM a 7PM no Pavillón de Sta. María para nenas e nenos en idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos
Requirimentos para participar
Deberán seguirse una serie de normas de convivencia básica para o correcto funcionamento da actividade e que, na medida do posible, esta transcorra sen incidentes. Para elo introduciremos 3 normas básicas que aplicarán para o acceso as instalacións:
- Cada neno e nena participante na actividade deberá traer a súa propia botella de auga, debido ás recomendación sanitarias
- Estará prohibido introducir comida nas instalacións na procura de evitar incidentes, atragantamentos, ou consumo indebido por parte de outros compañeiros de algún alérxeno
- Será recomendable vir preparado coa roupa de adestramento, xa que no pavillón de Sta María non é posible o uso dos vestiarios por causa sanitaria. Ademáis esta debe constar de roupa e calzado deportivo cómodo para poder levar a cabo a actividade con normalidade