O equipo arzuán visitaba o concello de Vedra para desputar o partido da xornada 16 de Liga, que os enfrentaba contra o equipo local Basket Ribadulla B.
O partido comezaba algo parado en canto a anotación e ritmo por ámbalas dúas partes, pero só era cuestión de tempo que os nosos xogadores comezasen a seguir as indicacións da súa adestradora para porse por diante.
Grazas a varios tiros de media distancia e contraataques rápidos, os de Arzúa sacaban unha diferenza +15 ao descanso.
O comezo da segunda parte seguiu a mesma tónica cun xogo rápido, difícil de seguir por parte dos locais. Boa anotación exterior, con triples de Aitor, Christian e Will. Ademáis, o equipo dominou durante gran parte do partido o rebote ofensivo e defensivo, a pesares da forza e veteranía do equipo rival. A suma de todo esto levaría o partido á súa conclusión final cun resultado de 45 a 69.
Lesión na cabeza de Zequi, despois de sufrir un golpe nunha xogada defensiva (non é nada, só un par de puntiños e algo de mareo). Pero tranquilos, que non causa baixa para o próximo.
Queremos dar ánimos a Moreira, que está de baixa temporal e non puido asistir ao encontro. Esperámolo todos cos brazos abertos para que nos leve polo camiño do éxito xunto á nosa segunda adestradora Mari, ¡que forman un equipo excelente!
A próxima fin de semana toca o último partido na casa, antes dos play-offs, contra o Compañía de María, que nos segue de preto co mesmo número de vitorias e derrotas. ¡Non podedes faltar!
Basket Ribadulla B 45.
Arzúa 69: Diego:14, Zequi:16, Aitor:18, Dami:8, Cristian:4, Will:5, Joseba:4,
Parciales:
1. 12-17
2. 8-18
3. 16-18
4. 9-16
Resultado: 45-69
O equipo arzuán visitaba o concello de Vedra para desputar o partido da xornada 16 de Liga, que os enfrentaba contra o equipo local Basket Ribadulla B.O partido comezaba algo parado en canto a anotación e ritmo por ámbalas dúas partes, pero só era cuestión de tempo que os nosos xogadores comezasen a seguir as indicacións da súa adestradora para porse por diante.Grazas a varios tiros de media distancia e contraataques rápidos, os de Arzúa sacaban unha diferenza +15 ao descanso.O comezo da segunda parte seguiu a mesma tónica cun xogo rápido, difícil de seguir por parte dos locais. Boa anotación exterior, con triples de Aitor, Christian e Will. Ademáis, o equipo dominou durante gran parte do partido o rebote ofensivo e defensivo, a pesares da forza e veteranía do equipo rival. A suma de todo esto levaría o partido á súa conclusión final cun resultado de 45 a 69.Lesión na cabeza de Zequi, despois de sufrir un golpe nunha xogada defensiva (non é nada, só un par de puntiños e algo de mareo). Pero tranquilos, que non causa baixa para o próximo.Queremos dar ánimos a Moreira, que está de baixa temporal e non puido asistir ao encontro. Esperámolo todos cos brazos abertos para que nos leve polo camiño do éxito xunto á nosa segunda adestradora Mari, ¡que forman un equipo excelente!A próxima fin de semana toca o último partido na casa, antes dos play-offs, contra o Compañía de María, que nos segue de preto co mesmo número de vitorias e derrotas. ¡Non podedes faltar!Basket Ribadulla B 45.Arzúa 69: Diego:14, Zequi:16, Aitor:18, Dami:8, Cristian:4, Will:5, Joseba:4,Parciales: 1. 12-172. 8-183. 16-184. 9-16Resultado: 45-69
Gepostet von CAB Arzúa am Mittwoch, 20. März 2019