Unha afición que non descansa axuda na última victoria do CAB Arzúa.
Incrible partido contra o CB Ames o sábado da Festa do Queixo, onde o Arzúa xogábase toda unha tempada de traballo. Un encontro entre o primeiro e terceiro clasificado, onde o Arzúa buscaba redención de vitoria do partido de ida.
O partido iniciábase de forma bastante igualada durante todo o primeiro tempo. A pesares do gran acerto dos exteriores de Ames, os de Arzúa eran capaces de seguir no partido.
Ao comezar o terceiro periodo, os locais foron capaces de facerse cunha vantaxe moi grande, de ata 15 puntos. Nese momento os de Ames apretaron e se puxeron a moi poucos puntos no marcador, grazas novamente ao acerto no tiro exterior.
Últimos minutos de partido con múltiples técnicas para o equipo visitante motivadas por unha antideportiva tras un rebote defensivo sobre Diego, que remataron coa expulsión do seu adestrador e un dos seus xogadores cando o marcador estaba 73 – 71 a 16 segundos para o remate do partido. Finalmente, e tras unhas xogadas moi intensas nas que o Ames case foi capaz de remontar, soaba a sirena de vitoria para o Arzúa cun resultado de 76 – 72.
A pesares da forte tensión que cubría o pavillón, un final moi deportivo entre ámbolos dous equipos. Moitas grazas ao equipo rival polo seu talante competitivo, esperamos vervos nos play-ofss.
Como pincelada final, queremos dar as GRAZAS á nosa grande afición, xa que sen ela non teríamos chegado onde nos atopamos. Primeiros na clasificación, con tan só tres partidos restantes para o remate da tempada regular, e con tan só tres derrotas. Sodes os mellores!!!
Bravo CAB!!