Volta á victoria do CAB.
O sábado pasado desputábase o encontro da séptima xornada, o último deste ano: CAB Arzúa – Basket Ribadulla B.
Despois do toque de atención que supuxo a derrota do encontro anterior, o equipo arzuán decidiu poñer os pes na terra e facer o seu característico xogo en equipo.
Un partido ante uns veteráns de gran experiencia e calidade, que levaron o partido das súas máns cunha pequena vantaxe gracias ao seu acerto dende a liña de tres.
Os de Arzúa, que nunca se renden, fixeron un fenomenal último cuarto remontando e sacando unha boa diferencia no marcador, para conseguir a última vitoria do ano.
O CAB Arzúa colócase deste xeito no máis alto da táboa empatado co Compañía de María, con seis vitorias e unha derrota.
CAB Arzúa 73: Aitor 24pts., Diego 18pts., Cachin 12pts., Christian 7pts., Eze 6pts., Damián 4pts., Daniel 2pts. e Costoya.
Basket Ribadulla B 59.
Felicitamos aos gañadores das cestas de Nadal: Juan Manuel Nogueira e Manuel Esmorís (O Chileno), esperamos que as desfrutedes!
Agardámosvos novamente en xaneiro para comezar o ano con máis baloncesto en Arzúa!