CB Ames – CAB Arzúa

Primeira derrota do CAB Arzúa.

O pasado sábado, primeiro día de decembro, desputábase o sexto partido da tempada.
Os arzuáns viaxaban a Bertamiráns con varias baixas ante un CB Ames prometedor, un dos equipos máis anotadores da liga.

O partido transcurreu cuns parciais igualados ata o comezo do terceiro cuarto, onde os de Ames conseguiron adiantarse no marcador tras moitas perdas de posesión do Arzúa e un gran acerto no tiro exterior.

Con esta derrota seguimos líderes, mais non é momento de relaxarse. Seguimos adestrando estas próximas semanas para comezar unha nova racha de vitorias.

Neste partido estrenamos equipacións novas, cortesía do noso patrocinador TGM Toldos Gómez Arzúa.

Próximo partido o 15 de decembro en Arzúa para rematar o ano. Haberá sorpresa.

Deja una respuesta