Catro de catro dos Arzúans.
O pasado sábado xogábase no Cruceiro a cuarta xornada da tempada ante o C. B. Sta Baia.
Os de Arzúa comezaron o partido moi relaxados, levando un bo apretón ata o descanso, onde non se podían desfacer dos de Boiro no marcador.
Na segunda parte o equipo local fixo ben o seu xogo e con algún contraataque o consigueu unha vantaxe clara ata rematar o partido, gañando finalmente de 18.
CAB Arzúa 59: Aitor 15pts, Cachin 12pts, Diego 11pts, Damián 8pts, Christian 6pts, Eze 3pts, Jose 2pts, Daniel 2pts e Costoya.
C. B. Sta Baia 41.
O CAB Arzúa colócase primeiro na táboa de clasificación cun resultado 4-0, único equipo invicto da Liga. Vémonos o vindeiro fin de semana novamente no Pavillón Municipal do Cruceiro para ir pola quinta, vide animar!