CAB Arzúa – ADB Fontiñas

A quinta do CAB.

O pasado sábado os de Arzúa conseguían a súa quinta vitoria da tempada.
Partido con gran actuación en ataque dos de Arzúa que, apoiándose nos seus postes Aitor e Cachin, conseguiron unha gran vantaxe ao descanso (40-28). Na segunda parte os de Fontiñas, cun acerto moi bo dende a liña de tres, puxeron aos locais contra as cordas ata a última xogada.

Debut do noso compañeiro Will, a última fixache do equipo para esta tempada, e que anota no seu primeiro partido como arzuán.

Con esta vitoria seguimos líderes e invictos na liga.

CAB Arzúa 66: Aitor 19pts, Cachin 17pts, Diego 9pts, Damián 6pts, Costoya 4pts, Eze 4pts, Christian 3pts, Joose 2pts, Will 2pts e Daniel.

ADB Fontiñas 64.

Deja una respuesta