Vista Alegre – CAB Arzúa

O cansazo non perdoa ao Arzúa.

O pasado sábado desputábase o Vista Alegre – CAB Arzúa, coa visita de só seis arzuáns por mor das lesións.
O partido iniciábase con victoria dos arzuáns, ata que no segundo cuarto a lesión de Zequi (leve esguince de nocello, recupérase nun periquete) deixou ao CAB con cinco xogadores xustos, onde tiveron un gran castigo físico nun partido de pouca anotación, pero con moito ritmo.

Non puido ser a nosa victoria desta vez, esperemos que no próximo partido poidamos estar recuperados todos para dalo todo.

Vista Alegre: 47.

CAB Arzúa 36: Zequi 12pts, Aitor 10pts, Christian 8pts, Daniel 4pts, Damián 2pts e Costoya.

CAB Arzúa – Tecven Padrón

Oitava victoria da tempada dos arzúans.
O pasado sábado disputabase o primeiro partido da volta da Liga.
Partido ante os de Padrón, xente con experiencia na liga e no xogo.
Os de Arzúa castigaronos físicamente e cunhos porcentaxes dende a liña de tres moi altos, supuxo unha nova victoria.
CAB Arzúa 65: Damián 24pts, Eze 16pts, Diego 12pts, Aitor 11pts, Daniel 2pts, Costoya e Christian.
Tecven Padrón: 57.

Compañía de María – CAB Arzúa

Líderes de Liga.
O pasado domingo o Arzúa xogaba un dos partidos máis difíciles da tempada, ante o Compañía María.
Visitaba aos de Santiago cunha plantilla de oito xogadores, onde todos deron o máximo para poder estar na cima da liga.
Partido intenso onde o Compañía presionaba a saída de balón, e no descanso levaban un +10 no marcador.
Na segunda parte, un gran CAB Arzúa, deuno todo en defensa e fixo un cuarto fenomenal, de 2-15 e remontou o partido.

Compañía de María 49.

CAB Arzúa 64: Eze 16pts, Diego 15pts, Aitor 15pts, Cachin 11pts, Damián 3pts, Daniel 2pts, Jose 2pts e Costoya.

CAB Arzúa – Basket Ribadulla B

Volta á victoria do CAB.

O sábado pasado desputábase o encontro da séptima xornada, o último deste ano: CAB Arzúa – Basket Ribadulla B.

Despois do toque de atención que supuxo a derrota do encontro anterior, o equipo arzuán decidiu poñer os pes na terra e facer o seu característico xogo en equipo.

Un partido ante uns veteráns de gran experiencia e calidade, que levaron o partido das súas máns cunha pequena vantaxe gracias ao seu acerto dende a liña de tres.
Os de Arzúa, que nunca se renden, fixeron un fenomenal último cuarto remontando e sacando unha boa diferencia no marcador, para conseguir a última vitoria do ano.

O CAB Arzúa colócase deste xeito no máis alto da táboa empatado co Compañía de María, con seis vitorias e unha derrota.

CAB Arzúa 73: Aitor 24pts., Diego 18pts., Cachin 12pts., Christian 7pts., Eze 6pts., Damián 4pts., Daniel 2pts. e Costoya.
Basket Ribadulla B 59.

Felicitamos aos gañadores das cestas de Nadal: Juan Manuel Nogueira e Manuel Esmorís (O Chileno), esperamos que as desfrutedes!

Agardámosvos novamente en xaneiro para comezar o ano con máis baloncesto en Arzúa!

CB Ames – CAB Arzúa

Primeira derrota do CAB Arzúa.

O pasado sábado, primeiro día de decembro, desputábase o sexto partido da tempada.
Os arzuáns viaxaban a Bertamiráns con varias baixas ante un CB Ames prometedor, un dos equipos máis anotadores da liga.

O partido transcurreu cuns parciais igualados ata o comezo do terceiro cuarto, onde os de Ames conseguiron adiantarse no marcador tras moitas perdas de posesión do Arzúa e un gran acerto no tiro exterior.

Con esta derrota seguimos líderes, mais non é momento de relaxarse. Seguimos adestrando estas próximas semanas para comezar unha nova racha de vitorias.

Neste partido estrenamos equipacións novas, cortesía do noso patrocinador TGM Toldos Gómez Arzúa.

Próximo partido o 15 de decembro en Arzúa para rematar o ano. Haberá sorpresa.

CAB Arzúa – ADB Fontiñas

A quinta do CAB.

O pasado sábado os de Arzúa conseguían a súa quinta vitoria da tempada.
Partido con gran actuación en ataque dos de Arzúa que, apoiándose nos seus postes Aitor e Cachin, conseguiron unha gran vantaxe ao descanso (40-28). Na segunda parte os de Fontiñas, cun acerto moi bo dende a liña de tres, puxeron aos locais contra as cordas ata a última xogada.

Debut do noso compañeiro Will, a última fixache do equipo para esta tempada, e que anota no seu primeiro partido como arzuán.

Con esta vitoria seguimos líderes e invictos na liga.

CAB Arzúa 66: Aitor 19pts, Cachin 17pts, Diego 9pts, Damián 6pts, Costoya 4pts, Eze 4pts, Christian 3pts, Joose 2pts, Will 2pts e Daniel.

ADB Fontiñas 64.

CAB Arzúa – C. B. Sta Baia

Catro de catro dos Arzúans.

O pasado sábado xogábase no Cruceiro a cuarta xornada da tempada ante o C. B. Sta Baia.
Os de Arzúa comezaron o partido moi relaxados, levando un bo apretón ata o descanso, onde non se podían desfacer dos de Boiro no marcador.
Na segunda parte o equipo local fixo ben o seu xogo e con algún contraataque o consigueu unha vantaxe clara ata rematar o partido, gañando finalmente de 18.

CAB Arzúa 59: Aitor 15pts, Cachin 12pts, Diego 11pts, Damián 8pts, Christian 6pts, Eze 3pts, Jose 2pts, Daniel 2pts e Costoya.

C. B. Sta Baia 41.

O CAB Arzúa colócase primeiro na táboa de clasificación cun resultado 4-0, único equipo invicto da Liga. Vémonos o vindeiro fin de semana novamente no Pavillón Municipal do Cruceiro para ir pola quinta, vide animar!

CBAT – CAB Arzúa

O Arzúa consegue a súa terceira vitoria.
No día de onte os arzuáns desputaban o partido da terceira xornada ante o CBAT nos Tilos.
Un partido centrado na defensa, cos dous equipos con varias baixas na plantilla.
Os arzuáns plantearon o partido no seu xogo, onde sempre foron adiantados no marcador a pesares de que os de Teo non se rendiron ata o último segundo.

CBAT 39.

CAB Arzúa 45: Cachin 16 pts, Diego 12 pts, Christian 6 pts, Aitor 4 pts, Eze 3 pts, Costoya 2pts e Damián 2pts.

CAB Arzúa – Vista Alegre Bar Coruña

Nova victoria dos arzuáns na casa.

No día de onte no pavillón do Cruceiro disputouse o partido da segunda xornada ante o Vista Alegre Bar Coruña.
Foi un partido moi emocionante, onde os visitantes levaron o partido da man ata o último cuarto gracias os seus tiradores e o base penetrando ao aro.
No último cuarto os arzuáns comezaron a remontada cun triple de Damián á falta dun segundo desde case o medio do campo, dende ahí, o resultado foi favorable e o CAB levouse o partido.
Moitas gracias a toda a xente que nos animou, sodes os mellores.

CAB Arzúa 65: Aitor 20pts, Cachin 19pts, Eze 11pts, Damián 7pts, Diego 5pts, Christian 3pts, Costoya e Daniel.

Vista Alegre Bar Coruña 60.

Tecven Padrón vs. C.A.B. Arzúa

O C.A.B. Arzúa estrénase na liga cunha victoria.

Os arzuáns visitaban Padrón no día de onte para dar comezo á nova tempada.
Con só oito xogadores, presentábase ante un equipo novo na liga procedente da categoría superior.
Un partido que o C.A.B. Arzúa levou ao seu estilo: contraataques rápidos e pouco bote; puxo en apuros aos de Padrón cun ritmo que non daban seguido.
Moi boa actuación de todos os xogadores do equipo, destacando a Christian Brañas e Daniel Varela no seu debut co equipo.

Tecven Padrón 48.
CAB Arzúa 60: Aitor (17), Cachin (14), Damián (12), Diego (7), Christian (4), Daniel (2), Jose (2) e Costoya (2).